O 3 de Setembro manifestación ás 20h dende o Hospital Xeral de Vigo,
por un hospital 100% público, sen recorte de camas e con laboratorio central.
Convoca: a Xunta de Persoal do Hospital e apoia SOS Sanidade Pública.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere mostrar o seu apoio e solidariedade á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, aos colectivos que a integran, ás entidades da área afectadas e á Xunta de Persoal e sumar a súa convocatoria de manifestación de hoxe dia 3 de setembro ás 8 da tarde en defensa de carácter público do Novo Hospital afectado polos recortes e a deficiencias do modelo de financiamento privado.
Consideramos inaceptable que se pretenda poñer en funcionamento un centro con graves deterioros e deficiencias nas súas infraestructuras que poñen en risco a seguridade dos pacientes e obrigaron á súa paralización; que sufriu importantes recortes en camas, quirófanos, urxencias, laboratorio, servizos de radioloxía, dotación e equipamiento dotación, para favorecer a unha concesionaria privada que pretende facer negocio cobrando copagos por aparcar ou dar de beber aos pacientes ingresados.
Esta grave situación mostra os problemas asociados á privatización dos servizos sanitarios e a necesidade do seu rexeitamento por toda a Cidadanía, por encima de diferenzas políticas ou ideolóxicas.
http://quehacerenvigo.es/manifestacion-os-recortes-do-novo-hospital/
A Consellería de Sanidade adxudicou un contrato de 1.300 millóns de euros á Sociedade Concesionaria do NOVO HOSPITAL DE VIGO S.A. para proxectar, construír e explotar os servizos do hospital. O proxecto público custaba 400 millóns. O novo hospital segundo a consellería tería 1.465 camas que engadidas ás 422 do Meixoeiro e as 117 do Nicolás Peña farían un total de 2.004 camas.
A realidade é ben distinta, o novo hospital abre con 845 camas, no Meixoeiro redúcense a 347 e no Nicolás Peña a 68, polo que disporemos 1.260 camas, é dicir 744 camas menos das prometidas e anunciadas.
A cambio dun hospital novo privatizado e recortado en tamaño e servizos, pechan o Hospital Xeral, o Cíes, o Rebullón e os Centros de Especialidades de Coia e Doblada, mantendo o concerto con Povisa.
Como consecuencia teremos menos sanidade pública e máis negocio para os seus amigos. Farán negocio con todo incluíndo incluso un novo copago, o parking de pago para usuarios e traballadores.
Coa privatización e recorte de camas, desaparecen e precarizan moitos postos de traballo e como consecuencia darase un peor servizo á cidadanía.