Skip to content

para pedir unha democracia real XA

20/05/2011

Democracia real, xa: http://democraciarealya.es/

Non sei se a chispa de todo este movemento de protesta e reclamación de cambios no noso modelo político, nas persoas que dirixen a política e no modelo económico, foron as revoltas no mundo árabe iniciadas en Túnez en decembro de 2010 contra os sistemas dictatoriais e a corrupción xeralizada, as manifestacións de Grecia en maio de 2010 en contra dos plans de austeridade do seu goberno, as manifestacións estudiantís en Portugal, ou a negativa a facerse cargo da débeda dos seus bancos polo goberno islandés en outubro de 2008 e que obligou á dimisión do seu goberno en xaneiro de 2009, pola presión da súa cidadanía; pero xa houbo un primeiro conato do que está sucedendo, cando as manifestacións convocadas en abril de 2011 baixo o lema “Juventud sin Futuro”.

Esta indignación deu paso á reacción espontánea de miles de persoas que concéntranse por moitas cidades de toda España dende que o 15 de maio se iniciou unha protesta na Puerta del Sol de Madrid. Non hai unha organización dirixente que encauce a reclamación dunha democracia real, que nos libere da opresión dun sistema falsamente democrático dirixido polos poderes financieiros e conformado polos grandes partidos que se alternan no goberno de cidades, autonomías e estado. Pero milleiros de persoas desempregadas e de xente nova coa perspectiva dun futuro peor que o das xeracións precedentes -por primeira vez na historia-, non podían levar máis que a un estalido que, afortunadamente, polo de agora é pacífico.

A clase política dos partidos dominantes, así como os medios de comunicación e poderes económicos reaccionan ante isto buscando espúreos motivos, en vez de mirarse diante do espello e reaccionar purgando as súas estruturas de persoas indesexables, ou directamente corruptas. Non pensan en cambia-lo seu rol de  dirixentes condescendientes dun pobo ó que hai que guiar porque non sabe que facer sen eles, a un papel de meros xestores do benestar que deben salvaguardar.

Espero que de todo isto saian cambios estruturais no noso modelo político: que cambie a lei electoral, que se castigue a corrupción con dureza e rapidez, que as persoas dirixentes dos nosos gobernos se responsabilicen dos seus actos, xudicialmente, se fora necesario, que se eliminen organismos innecearios como a Monarquía ou as Diputacións, que se impida á banca e á bolsa especular, …

¿É moito…? ¡É necesario! ¡¡¡¡É IMPRESCINDIBLE!!!!

¡Indignaos!, de Stèphane Hessel.

¡Reacciona!, de José Luis Sampedro et al.

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: