Skip to content

para retirar 155 € do teu banco o día 30 de maio de 2011

26/05/2011

Logo das acampadas do Movemento 15M, chega unha primeira proposta de acción que se está divulgando polas redes sociais, aínda que dende a propia plataforma advirten que non son eles os convocantes.

A proposta é a seguinte:

Por unha democracia real xa.

Xa temos preparada a primeira acción non violenta de loita masiva e conxunta. Axúdanos a difundila, participa dela alí onde te atopes!!!

Os bancos e os especuladores foron os principais causantes da crise polo que eles serán o obxectivo do noso primeiro ataque non violento.

O próximo día 30 de maio imos manifestar a nosa indignación en contra do abuso que practican os bancos non só contra os cidadáns de forma independente senón tamén contra os estados.

Pomos hoxe en marcha un acto pacífico e sutil, pero o suficientemente contundente e rechamante como para mostrar con claridade a indignación que sentimos, e tamén a nosa fortaleza e compromiso para chegar ata o final. Pomos hoxe en marcha o primeiro ataque non violento que mostrará ao mundo a nosa imaxinación, determinación e compromiso para alcanzar o obxectivo de ver cumprida a nosa reivindicación final: instaurar unha democracia real.

Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que estean de acordo coas nosas reivindicacións, a participar nunha retirada masiva de capital das entidades bancarias o próximo día 30 de maio.

Se o estás, propómosche sacar nun só movemento bancario a cantidade de 155 euros da túa conta corrente. A operación poderá realizarse ao longo de todo o día, preferiblemente acudindo ás sucursais ou utilizando os caixeiros automáticos (con múltiplos de 10–>150).

O motivo de elixir esa cantidade concreta, é porque debiamos elixir unha cifra apreciable e simbólica coa forza suficiente coa que demostrar aos bancos que estes movementos son motivados desde a mesma indignación que nos fixo mobilizarnos o 15 de maio.

En canto ao día 30 de maio, é porque entendemos que é un prazo razoable para que a mensaxe poida difundirse adecuadamente e chegue ao maior número de persoas que nos axuden a ser o máis efectivos no noso ataque non violento en contra da voracidade dos bancos, en contra do sistema económico instaurado, en contra dos paraísos fiscais, en contra da especulación e a favor do interese xeral, da solidariedade, en definitiva das persoas.

Ademais, en devandita data transcorrería 15 días desde o inicio da mobilización, e será outro bo momento simbólico para recordar que o noso movemento só acaba de comezar.

O próximo día 30 de maio, oiranse todas as voces gritando ao unísono que outro mundo é posible.

O próximo día 30 de maio oirase a voz do pobo con máis forza que a dos partidos políticos.

O próximo día 30 de maio, poderase contar a indignación do pobo, a reivindicación activa dunha democracia real, na que se ten en conta ás persoas por encima dos intereses económicos, financeiros, especulativos… as persoas por encima dos mercados.

O próximo día 30 de maio daremos un paso máis cara a un mundo mellor.

Contamos contigo, divulga a mensaxe. Participa. Seguímonos vendo cada día nas prazas.”

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: