Skip to content

para desaloxar acampadas das prazas

30/05/2011

Tiña que pasar… e pasou.

O pasado venres 27 de maio, a policía desaloxou pola forza (alomenos temporalmente) a Plaça Catalunya en Barcelona.

Foi a primeira intervención policial, así que serviu (ou iso espero) para tomar conciencia do que irremediablemente pasará naquelas concentracións que non se desfagan. As persoas teñen que ser moi conscientes de que, nos guste ou non, as forzas policiais cumprirán co seu deber; uns profesionalmente, outros facendo de tripas corazón e outros desfrutando do seu traballo, porque entre eles hai o mesmo crisol de personalidades que no resto da sociedade. Exemplo disto son as distintas reaccións das que se fai eco o diario El País: por un lado un axente lamentábase de non ter podido soltar uns porrazos, pero doutra banda, os responsables policiais propuñan a negociación tendo en conta que se trataba dunha concentración totalmente pacífica.

Os nosos berros, lamentos e choros estremecerán a moitos, pero namentras non sexan apoiados pola maioría da poboación non evitarán as cargas, os golpes e as detencións. Hai que ser intelixentes antes que sensibles e non deixarse levar polas emocións reaccionando violentamente. A forza dun movemento pacífico pérdese con cada provocación e con cada golpe devolto. Se non se está disposto a comportarse coma un mártir, é mellor buscar outras estratexias e apartarse da primeira liña.

Nas asembleas estanse buscando alternativas coas que evitar excusas para a intervención policial. A imaxinación é a principal arma coa que loitar para cambiar este sistema caduco, simple herdanza do anterior réxime dictatorial, no que mudaron algunhas das oligarquías beneficiadas, pero que segue sendo inxusto e non democrático.

Non se é coincidencia ou non (coido que non se trata de casualidade), pero La 2 da TVE, botou un interesantísimo documental de Oliver Stone “Al sur de la frontera”, que centrado na figura de Hugo Chávez, serve de excusa para denuncia-la manipulación mediática que sufrimos as persoas ó respecto da visión que se nos ofrece das novas democracias que están impoñéndose na América latina. Os Estados Unidos, O Fondo Monetario Internacional, os seus intereses xeopolíticos e económicos, e, en definitiva, os poderes fácticos dominan a política, os medios de comunicación e economía mundial. E nós… tragando… Temos que ser ESCÉPTICOS e INCRÉDULOS con todo o que nos din os medios de comunicación e incluso os gobernos: o noso bo xuizo e capacidade de reflexión deben prevalecer e servir para sopesa-la credibilidade de toda información. En congruencia con isto, tamén hai que poñer en entredito la idílica imaxe que o Documental ofrece dunha personaxe como Chávez, á que, como mínimo se lle pode achacar ser un autócrata populista e bravucón.

(trailer)

http://www.tu.tv/videos/al-sur-de-la-frontera-documental-oliver (documental completo)

Sinopse: os fracasos das políticas neoliberais dos 90 en América do Sur provocaron o ascenso al poder de gobernos como o de Hugo Chávez en Venezuela, Lula en Brasil ou Evo Morales en Bolivia. Todos eles cuestionan as vellas recetas económicas e a influencia dos Estados Unidos sobre os seus veciños do sur. Este documental pretende concienciar ó público da demonización de políticos como Hugo Chávez por parte dos medios de Estados Unidos -e, en xeral, tamén dos medios de comunicación internacionais-.

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: