Skip to content

para non reforma-las pensións recortando os nosos dereitos

15/06/2011

A reforma das pensións proposta polo goberno español e apoiada por tódolos partidos políticos con representación (agás BNG, IU e ERC), banca e demais países non se fundamenta en que realmente esté en perigo o sistema público de pensións.

O innecesario da reforma do sistema, os auténticos intereses que se agochan tras dos ataques ás pensións públicas e a que responde a reforma antisocial que promove o PSOE, son respondidas dun xeito claro e sinxe-lo, en apenas 10 minutos, no vídeo realizado por FESGA (Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza).

Algúns datos para comprender a gran mentira sobre a reforma das pensións:

  1. O grupo de economistas que fai os informes para a Unión Europea, para a OCDE e para o Goberno, están contratados e pagados polo BBVA, Banco de Santander e CEOE.
  2. No ano 1999 este grupo de economistas pronosticaban a creba das pensións para o ano 2010. No ano 2000 créase o Fondo de Reserva das Pensións, nestes 10 anos este fondo acumulou un excedente de máis de 64.000 millóns de €. No ano 2010 o superávit no 3º trimestre foi de 11.000 millóns de €, cun 14% máis de pensionistas que no ano 2000.
  3. As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de cálculo e a idade de xubilación, poderán nos próximos anos reducir até un 25% a pensión. Ao mesmo tempo que reforman as pensións, aprobaron reducir as cotizacións das empresas e subvencionar os despedimentos co diñeiro público. Isto representa máis diñeiro que o que aforran coa reforma das pensións.
  4. Na proposta de reforma das pensións que queren aprobar incrementan o tope para as pensións máximas (banqueiros, empresarios, executivos, profesións liberais) para que poidan cobrar máis, e recortan aproximadamente un 10% as da clase traballadora. Recortan as dos pobres para darllo aos ricos.
  5. O Estado Español é o que menos gasta en pensións da Europa dos 15, menos que Portugal que gasta o 11,4% do PIB*. O Estado Español gasta o 7,8%.
  6. No ano 1995 o gasto en pensións no Estado Español representaba o 8,3% do PIB. No ano 2008, con 1.500.000 (un millón cincocentos mil) pensionistas máis e 2 millóns de desempregados máis que entón, o gasto é do 7,8%, un 0,5% menos.
  7. Os resultados de superávit reprodúcense cada ano porque dependen do crecemento económico e do incremento anual de traballadores e traballadoras. Nos últimos 30 anos a clase traballadora creceu máis do dobre. En Galiza no ano 1980 non chegaba aos 430 mil. Hoxe pasa de 940 mil traballadores e traballadoras.
  8. Na conxelación das pensións públicas no 2010, que afectou á clase traballadora, o estado aforrou 1.530 millóns de euros. Pero ao mesmo tempo perdeu 1.440 millóns de euros pola desgravación fiscal das pensións privadas contratadas en bancos e aseguradoras .
  9. Os que aproban estas medidas non reforman as súas pensións. Os deputados e senadores con 7 anos de mandato teñen asegurado o 80% da pensión máxima (uns 30.000 € ao ano) e poden xubilarse aos 60 anos. Se perden o escano, cotízanlles até a xubilación.
  10. O Estado Español triplica a media de contratación temporal precaria de Europa. Estes traballadores e traballadoras temporais nunca chegarán aos 35 anos para cobrar o 100% da pensión e teranse que xubilar mais tarde e cobrarán menos. Con menos temporalidade produciríanse máis ingresos. Ao final, os que teñen o traballo mais duro e máis precario terán a peor pensión.
  • A pensión media é de 876€/mes. En Galiza, de 728€. Esta é a pensión da clase traballadora, a dos ricos supera os 3.000€. A clase traballadora asociada a traballos de dureza e fatiga (automóbil,naval, construción, pedra, mar, conserva, téxtil, limpeza, etc), vive un promedio de dez anos menos que os executivos, banqueiros, xuíces, notarios, empresarios, profesións liberais, etc. Viven máis os que cobran as pensións mais altas.
  • O maior fraude á Seguridade Social cométeno as Empresas. Contratos a media xornada ou por horas pero traballando realmente toda xornada. Tamén nas horas extras que non cotizan. No informe de Facenda do ano pasado o 90% dos empresarios aseguran ingresar menos de 1.000€ ao mes.
  • Esta é a democracia dos ricos, na que o capitalismo financeiro quere controlar as pensións. Billóns de euros, que logo irán ás accións das grandes empresas na Bolsa. Por isto queren a reforma. Lembra que so tres grupos políticos rexeitaron a reforma laboral e esta reforma das pensións: BNG, IU e ERC. Loita tamén co teu voto.

Fronte a estas política a resposta da clase traballadora foi unha folga xeral convocada por tódolos sindicatos o 29 de setembro de 2010 e outra posterior folga convocada por tódolos sindicatos, agás UGT e CCOO o día 27 de xaneiro de 2011.

As razóns para xustifica-la folga: http://www.fesga.org/?p=768

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: