Skip to content

acudir en defensa do ensino público! Nin recortes, nin despedimentos de miles de profesores! O diñeiro que se regala ós banqueiros, para os nosos institutos!

30/09/2011

Convocatoria de folga xeral do estudantado de Secundaria para o día 6 de outubro de 2011.

En defensa do ensino público! Nin recortes, nin despedimentos de miles de profesores!

Os ataques salvaxes contra o ensino público
recrúanse. En Galiza, 1.000 profesores van
ser despedidos, a pesar de crecer drasticamente
o número de alumnos. Pero esta é a realidade
tamén no conxunto do Estado español: en
Cataluña, CiU iniciou a ofensiva cun recorte de
preto dun 8% do orzamento de educación (recortando
o gasto corrente nos institutos e pondo en
perigo miles de postos de traballo); en Madrid, hai
unhas semanas Esperanza Aguirre anunciaba o
despedimento de 3.200 profesores interinos; os
gobernos autonómicos do País Valenciano, Navarra,
Castilla-La Mancha, Extremadura… tamén
aprobaron o despedimento de miles de profesores.
De levarse a cabo, estas medidas suporán que
a escola pública perda neste curso até 15.000 profesores
no conxunto do Estado, ademais dunha redución
moi importante dos orzamentos necesarios
para soster os gastos correntes dos centros de ensino.
Unha agresión que non fan máis que profundar
as leis adoptadas tanto polo goberno central
como polas comunidades autónomas nestes últimos
anos, e que prexudicaron gravemente o noso
dereito a recibir un ensino público de calidade, á
vez que favorecen o negocio do ensino privado.
O obxectivo fundamental destes ataques (que
tamén afectan á sanidade e outras prestacións sociais)
tamén é moi claro: dedicar o diñeiro público
ó pago de intereses multimillonarios á gran banca
pola débeda, tal como aprobaron no parlamento o
PP e o PSOE coa reforma constitucional.
O ensino público está sufrindo a ofensiva máis
brutal desde a caída da ditadura franquista. E, como
a experiencia demostrou, a única maneira de
freala é cunha contestación social masiva, ben organizada
e que vaia a máis: coa loita unificada de
decenas de miles de estudantes e profesores, e
conquistando o apoio do conxunto dos traballadores
á nosa causa.

Temos forza para frear os ataques!
Os recortes contra o ensino público non se poden
separar das demais medidas que se están tomando
por parte dos distintos gobernos a escala internacional,
sexan de dereitas ou socialdemócratas:
leis, decretos e contrarreformas en beneficio exclusivo
dos grandes banqueiros e empresarios,
que seguen amasando fortunas e enriquecéndose
á conta do diñeiro público que lles chega a mancheas.
As vacacións de verán foron o momento elixido
polo Goberno do PSOE, facendo oídos xordos ós
intereses da maioría da sociedade, para aprobar
reformas que empeoran aínda máis as condicións
de vida e traballo de centos de miles de mozos, como
a suspensión dos límites ó encadeamento de
contratos temporais ou o contrato de aprendizaxe
até os 30 anos, con salarios de miseria e condicións
laborais pésimas. A pesar de que o Goberno
tenta aparentar que os recortes educativos son
cousa exclusiva do PP, eles asfaltaron o camiño cos
seus plans de axuste, reformas laborais e recortes
do gasto social. O exemplo máis claro é que a ministra
de Economía, Elena Salgado, aplaudiu publicamente
o recorte do 20% dos orzamentos impostos
polo PP en Castilla-La Mancha, sinalando que
ese era o camiño correcto. O desmantelamento do
ensino publico que pretende levar a cabo o PP en
moitas comunidades autónomas, como a nosa,
anticipa as súas auténticas intencións cando cheguen
ó Goberno central.
Folga Xeral de estudantes o 6 de outubro
Un paso adiante para unificar a loita
e confluír nunha Folga Xeral
de toda a comunidade educativa
A xente nova aprendemos moito dos acontecementos.
Coa irrupción do movemento 15-M e as
manifestacións masivas que protagonizamos

desde o mes de maio, a idea de que a unión fai a forza e
que a mobilización é a única alternativa útil contra os
ataques foi brillantemente confirmada pola vía dos feitos.
Se fomos quen de tomar a rúa e conquistar as prazas,
se desafiamos ó goberno en plena xornada de reflexión
electoral, se enfrontamos a represión… ¿que non
poderiamos facer organizándonos en cada instituto ou
en cada empresa con métodos democráticos, baseados
nas asembleas, a participación directa, a extensión e a
unificación da loita? Desde o Sindicato de Estudantes
pensamos que ese é o camiño a seguir.
Neste contexto, para defender o ensino público é
imprescindible avanzar na mobilización. Os principais
sindicatos convocaron folgas e mobilizacións de
profesores aquí en Galiza (21 e 27 de setembro)
e tamén en Madrid, Navarra e outras comunidades
autónomas. O Sindicato de Estudantes apoia
con rotundidade esas folgas e chamamos ós estudantes
a participar nas manifestacións e a secundar
as folgas do profesorado. Pero é necesario entender
que os ataques son os mesmos no conxunto do
Estado, e por iso debemos unir as nosas forzas para
loitar todos xuntos ó mesmo tempo. Nada xustifica que
isto non sexa posible. Por iso, desde o Sindicato de Estudantes
defendemos a necesidade de unificar as mobilizacións
de profesores, estudantes e nais e pais de
alumnos, a través dunha folga xeral de toda a comunidade
educativa.
Con este propósito e como un paso nesta dirección,
o Sindicato de Estudantes convoca unha folga do

Ensino Secundario de todo o Estado para o próximo
día 6 de outubro, e facemos un chamamento público
ós sindicatos de clase do profesorado, ás asociacións
de nais e pais, a tódalas organizacións xuvenís e
de esquerdas e, especialmente ó movemento do 15-M e
a todos os que participamos nas manifestacións durante
os últimos meses, para confluír ese día nunha gran
mobilización en defensa do ensino público en tódalas loclaidades.
Hai que unir e non separar.
Preparar o éxito da Folga do 6 de outubro
nos institutos
Para preparar o éxito da folga e as manifestacións do 6
de outubro é fundamental a organización de asembleas
democráticas en tódolos centros de estudo, co fin de debater
esta agresión contra o ensino público e as reivindicacións
que imos defender, tanto as que propón o Sindicato
de Estudantes como as que pode expoñer calquera
outra persoa ou organización. Tódalas propostas son
importantes e necesarias. Ó mesmo tempo, hai que organizar
comités de loita integrados por tódolos estudantes
que sexa posible, realizar propaganda nos centros,
asembleas por clases, pegadas de carteis, pancartas, lograr
o apoio dos profesores e a AMPA, e saír ás rúas dos
nosos barrios e pobos para informar ós traballadores e
veciños da nosa mobilización. Debemos lograr unha
asistencia masiva ás manifestacións para demostrar o
noso rexeitamento máis contundente na rúa, e continuar
a mobilización con novas xornadas de folga até conseguir
derrotar estes plans e garantir o noso dereito a un
ensino público de calidade.

21 e 27 de setembro, folga de estudantes e profesores
6 de outubro, folga xeral!

• Non ós recortes do orzamento. Aumento drástico
dos recursos materiais e humanos para os
centros de estudo públicos.
• Nin un só profesor despedido. Convocatoria
de prazas suficientes para garantir unha ratio
reducida de estudantes por aula e asegurar a
calidade do ensino público. Ningunha diminución
nas condicións laborais do profesorado e
o persoal non docente.
• En defensa do ensino público, basta de subvencións
públicas ó ensino privado.
• Dignificación da FP. Prácticas remuneradas
nas empresas.
• Non á selectividade económica e académica
para entrar na universidade. Basta de aumenta-
las taxas académicas e de endurece-las
normas de permanencia e acceso na universidade
pública. Non queremos que haxa miles
de non admitidos, como ocorre tódolos anos.
• Por un posto de traballo digno ó rematar os
estudos. Non ós contratos lixo e ós salarios de
miseria. Emprego digno e ben pagado. Basta
de precariedade laboral!
• Contra o paro xuvenil. Subsidio indefinido de
1.100 € ó mes para tódolos parados até atopar
un emprego.
• Basta de regalar diñeiro público ós banqueiros,
empresarios e especuladores. Que se nacionalice
a banca para investir en obras públicas,
sanidade e educación os recursos que xeran
os traballadores, dando así emprego a millóns
de parados!

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: