Skip to content

para concentrarse o martes 18 de outubro de 2011 contra os recortes en Educación e en defensa do ensino público.

16/10/2011

A Consellaría de Educación, desde o mes de xuño, acumulou unha serie de medidas conducentes ao desmantelamento dun dos servizos públicos básicos como é a Educación, co obxecto de avanzar cara á súa privatización.

A Consellaría de Educación vén de recortar de novo os orzamentos deste ano en 8,7 millóns de euros no ensino público, ao que lle hai que engadir o recorte do 6,7% de cando foron aprobados. Mentres, o ensino privado concertado percibe 250 millóns de euros, incrementa os concertos educativos en detrimento da ampliación de unidades comprometidas nos centros públicos, percibe unha extra, a maiores dos concertos, de 220.000 € e recibe outras axudas, por vía indirecta, como, por exemplo, do programa de centros plurilingües e o proxecto Abalar. Todos os recortes que se están a practicar afectan única e exclusivamente á pública, mentres a concertada incrementa os ingresos de diñeiro público que pagamos todas e todos. Precisamente, esta medida é a que pon en evidencia que non estamos ante un problema económico como se nos pretende facer crer, senón ante unha decisión política de favorecer o privado en detrimento do público.

Está previsto que o día 18 de outubro, ás 20:00 horas, nas sete principais cidades galegas e en Vilagarcía, A Guarda e Foz se realicen concentracións en defensa do ensino público de calidade e en contra dos recortes en Educación. Son concentracións pensadas para que participe o conxunto da sociedade, nomeadamente a comunidade escolar.

É importante a túa participación porque calquera ataque ou recorte ao ensino público supón un retroceso na loita contra as desigualdades sociais e na consecución dun ensino de calidade para todos e todas.

Concentracións, día 18 de outubro, ás 20:00 horas:

  • Santiago, na Praza do Toural.
  • A Coruña, na Praza de Pontevedra.
  • Lugo, diante do multiusos da Xunta.
  • Ourense, diante da Xefatura Territorial. 
  • Pontevedra, na Praza da Peregrina.
  • Vigo, diante do Marco.
  • Ferrol, diante do edificio da Xunta de Galiza.
  • Vilagarcía, na Praza de Galiza.
  • A Guarda, Praza do Reloxo, diante do Concello.
  • Foz, Praza de Galiza.
  • Xinzo, na Praza do Concello.
Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: