Skip to content

atopar alternativas á crise

09/12/2011

A CIG presenta o documental “A crise, o sistema e a soberanía”

http://www.galizacig.com/avantar/novas/10-10-2011/a-cig-presenta-o-documental-quota-crise-o-sistema-e-a-soberaniaquot

Forma parte da campaña “Si, existen alternativas” de cara á manifestación nacional do 23 de outubro
A CIG repasa neste documental o actual proceso de reorganización do  capitalismo, baixo a coartada da “crise” económica, as nefastas  consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde   traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, así mesmo, a dupla  dimensión da crise sistémica, que reviste un carácter de clase mais  tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen  soberanía política como é Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto á esquerda nacionalista para facer fronte ao contexto actual.

O capitalismo xerou máis 4.750 millóns de pobres, provocou que máis de 3.000 millóns de persoas pasen fame no planeta e permite que uns 12 millóns de nenos e nenas morran cada ano por desnutrición. Pola contra, a maior parte da riqueza está en mans das 800 empresas multinacionais e dos 2,5 millóns de multimillonarios que se contabilizan no mundo.As grandes fortunas e as grandes empresas españolas teñen contas bancarias e empresas filiais, en paraísos fiscais, para así evitar pagar impostos a Facenda. O fraude fiscal no estado español e de 60.000 millóns de euros, de este fraude o 71% corresponde a Banca e as grandes Empresas (42.600 millóns).

Este modelo económico favorece a concentración da riqueza en poucas mans.

En Galiza, e no conxunto do Estado español, o 19% das persoas acumula o 77% da riqueza en capital e patrimonio, mentres o 81% –a clase traballadora– só dispón do 23% restante. As actuais medidas económicas, así como as sucesivas reformas laborais e socias promovidas polo PSOE e apoiadas polo PP para o que están servindo é para recortar dereitos, incrementar o desemprego e as desigualdades sociais, recortar calidade nos servizos públicos, precarizar máis o mercado laboral, empobrecer e debilitar a clase traballadora.

Fronte a estas políticas e a este modelo económico neo-liberal en Galiza existen organizacións sociais e políticas que facemos propostas alternativaspara unha mellor defensa dos intereses da maioría social, da clase traballadora.

Os mercados representan:

-Salarios máis baixos.

-Despedimento máis barato.

-Máis desemprego e máis contratos temporais.

-Aumento da idade de xubilación e pensións máis baixas.

-Recorte do gasto social e privatización servizos públicos.

-Redución dos impostos aos máis ricos.

-Concentración da riqueza e do poder nuns poucos.

-Gobernos ao servizo dos especuladores financeiros.

Alternativas:

-Mellora do poder adquisitivo dos salarios.

-Máis estabilidade no emprego.

-Incremento do gasto público produtivo.

-Aumento dos impostos á banca, ás rendas máis altas e ás grandes fortunas.

-Rematar coa fraude fiscal e cos paraísos fiscais.

-Investir na mellora dos servizos públicos.

-Creación dunha banca pública.

-Creación de empresas públicas en sectores estratéxicos da economía.

-Rematar coa economía especulativa.

-Facer un reparto máis igualitario da riqueza.

Outro modelo económico e social é posible!

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: