Skip to content

para censurar un libro de texto que reproduce o artigo 5.1 do Estatuto de Galicia

13/12/2011

Unha reclamación presentada ante o Valedor do Pobo insta á Consellería de Educación a retirar un libro de texto que di que a lingua propia en Galicia é o galego.

http://www.atlantico.net/noticia/170893/vigues/logra/retirar/libro/texto/gallego/

https://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/home/novas-1/quennosvaledovaledorconcentracionestaquitafeiraxovesas1130diantedaoficinadovaledor

O motivo das convocatorias é protestar pola resolución do Valedor de instar, tal e como recolleron algúns medios de comunicación, á retirada dun libro de texto da materia de Coñecemento do Medio que reproduce literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía: “O galego é a lingua propia de Galiza”.

Para a plataforma cidadá é “un auténtico despropósito” que o representante dunha institución encargada de velar polos dereitos das cidadás e dos cidadáns de Galiza perante os Poderes públicos do país, entre os que están os dereitos lingüísticos, “poida ditar unha recomendación que equivale a descoñecer lexislación lingüística tan básica como a que emana do Estatuto de autonomía”.

Para Queremos Galego, decisións tales como esta “inhabilitan” Benigno López para seguir no seu cargo “nin un minuto máis”, toda vez que o actual titular xa

se ten caracterizado noutras ocasións por declaracións e actuacións “pouco proclives a considerar o galego como unha lingua plenamente oficial”.

Por isto,a plataforma cidadá anima a toda a cidadanía a escribir á presidenta do Parlamento de Galiza, Pilar Rojo, para que cese a Benigno López a mesma institución pola que foi no seu día nomeado.

Ademais a última decisión a este respecto do conselleiro de Educación , Jesús Vázquez, é amparar a censura a este manual escolar só por citar o artigo 5.1 do Estatuto de Galiza.

Para a plataforma cidadá é un disparate que se pretenda prohibir ou modificar un libro porque sinale a evidencia de que Galiza ten idioma propio, máxime cando o fai citando literalmente o contido do propio Estatuto. Esta decisión da Consellaría de Educación anima a unha caza de bruxas contra a nosa lingua e cultura que non pode traer nada bo para ninguén, por isto animámoste a que remitas un correo electrónico ao Presidente da Xunta.

Anexamos a esta información o tema completo obxecto de censura por parte do Valedor do Pobo. A súa lectura demostra a completa falsidade das acusacións e a interpretación antigalega que fan o valedor e o Conselleiro que non dubidan en mentir publicamente sobre o verdadeiro contido do conxunto do tema. Podes descargar aquí o tema.

 

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: