Skip to content

para buscar outra saída da crise: non ó recorte das pensións, non á privatización da educación, non á privatizacion da sanidade, non á xustiza clasista, non ós desafiuzamentos

18/12/2012

ImageA Alianza Social Galega, unha macroplataforma de ámbito galego conformada por máis de sesenta organizacións sindicais, sociais, veciñais, culturais, ambientais e plataformas sectorais, conformouse para dar unha resposta de conxunto ás políticas de recortes e continuada agresión contra as clases populares.

A Alianza Social Galega convoca para o próximo día 20 de decembro concentracións nas cidades e cabeceiras de comarca de Galicia, baixo o lema:

Por outra saída da crise!
Non ao recorte das pensións, Non á privatización da educación, Non á privatizacion da sanidade, Non á xustiza clasista, Non aos desafiuzamentos.

Podes consultar o MANIFESTO e máis a relación completa de organizacións convocantes nesta ligazón: http://ir.gl/ASGVigo201212

É preciso facermos todas e todos máis un novo esforzo tanto na difusión desta convocatoria (no voso centro de traballo e contorna persoal), como asegurar a máxima participación no propio acto. A causa de desenvolvelo nestas datas, que sabemos complexas, foi non dilatar en exceso a continuación das protestas contra a vaga de recortes que impón o Partido Popular, despois do grande éxito da Folga Xeral do pasado 14 de novembro, e que se sigue a agravar con medidas como a nova reforma educativa.

Fonte: http://www.galizacig.com/avantar/novas/13-12-2012/a-alianza-social-galega-chama-a-cidadania-a-concentrarse-o-20-de-decembro-nas-princ

Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: