Skip to content

para reprimi-lo sindicalismo que defende ós/ás traballadores/as

08/02/2014

manifestación pro indulto sindicalistas

MANIFESTACIÓN
DOMINGO 9 DE FEBREIRO, ÁS 11:30H
DESDE A PRAZA DOS CABALOS DE VIGO

Tres anos de cadea por participar nun piquete: Carlos Rivas e Serafín Rodríguez están a espera de ingresar na cadea por ser acusados dun delito contra o dereito dos traballadores mentres participaban nun piquete durante a folga do transporte de 2008.

A sentenza de prisión a dous sindicalistas que participaban nun piquete informativo durante unha folga en Pontevedra, pretende criminalizar e reprimi-las protestas da clase traballadora e amedrentar a movementos sociais e sindicais que se enfronten ás políticas inxustas, antisociais e de recortes constantes de dereitos -cando non directamente ó saqueo- da cidadanía. Para seguir defendendo os dereitos da maioría social é preciso rexeitar esta condena totalmente inxusta dos dous traballadores.

NON Á REPRESIÓN SINDICAL!

INDULTO PARA OS COMPAÑEIROS CARLOS E SERAFÍN, CONDENADOS A 3 ANOS DE CÁRCERE POR PARTICIPAR NUN PIQUETE NA FOLGA DO TRANSPORTE DE 2008

Conforme se agravan as políticas de recortes e agresión contra os dereitos das clases populares, asistimos tamén á reiterada criminalización da resposta social, singularmente da de carácter sindical. É tamén crecente a represión contra quen, no exercicio de dereitos fundamentais, se revolve para esixir pacífica e democraticamente un cambio de rumbo, para demandar a mellora das condicións de vida e de traballo para a maioría social ou para denunciar os abusos e inxustizas que a clase traballadora padecemos, e que a vixente crise está a recrudecer.

No ano 2008, durante a negociación do Convenio Provincial de Transporte de Mercadorías da provincia de Pontevedra, os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocamos unha folga para reivindicar a mellora das súas condicións. Durante a mesma algúns compañeiros foron identificados pola policía mentres actuaban como piquetes informativos e posteriormente denunciados. Cómpre lembrar que os piquetes son un instrumento lexítimo, que forma parte da historia do movemento obreiro e que en moitos casos permite liberar, coa forza da unión solidaria das nosa clase, aos planteis das coaccións e ameazas coas que a patronal pretende impedir que exerzan o seu dereito á folga.

Froito desa denuncia realizáronse varios xuízos cuxo resultado foi absolvelos de calquera dano a todos os efectos (ademais ningún traballador nin empresa presentou cargos nin culpou a estes compañeiros).

Porén, un xulgado de Vigo considerou que Serafín Rodríguez Martínez (CIG) e Carlos Rivas Martínez (UGT) eran culpables dun delito contra os dereitos dos traballadores (art. 315.3 do Código Penal) e condenounos á pena máxima posible por ese delito: 3 anos de prisión.

¡3 anos de cadea por participar nun piquete, logo de demostrarse que eran inocentes de ter producido ningún dano! Unha sentenza abusiva que só pretende escarmentar e amedentrarnos para debilitar a nosa capacidade de resposta como clase. Unha vez máis, un tribunal ditando unha sentenza inxusta acaba exercendo a máis brutal represión sindical, malia que defender os dereitos da clase traballadora non é un delito. Mentres os verdadeiros delincuentes gozan da maior das impunidades e de todas as medidas de graza das altas esferas do poder, dous sindicalistas poden acabar en prisión.

Esta sentenza foi recorrida e, finalmente, solicitouse o indulto para ambos compañeiros. O Goberno español denegou o indulto, que non ten reparos en concederlle a corruptos e banqueiros, o que obriga a estes compañeiros e aos sindicatos CIG e UGT a solicitar un recurso de casación e un último intento de concesión dun indulto. Carlos e Serafín poderían recibir en calquera momento a orde de ingreso en prisión. Chamamos á clase traballadora da comarca de Vigo e ao conxunto do pobo a revolvernos contra esta inxustiza insoportable, esixindo do Goberno español do Partido Popular que acceda á solicitude de indulto e anule calquera orde de ingreso en prisión por esa condena.

Porque Carlos e Serafín somos todos, somos todas!

DEFENDER OS DEREITOS DA CLASE TRABALLADORA NON É DELITO!

Texto Campaña Solidaria traballadores condenados

Fontes de info:

Tres anos de cadea por participar nun piquete

Carlos Rivas e Serafín Rodríguez están a espera de ingresar na cadea por ser acusados dun delito contra o dereito dos traballadores mentres participaban nun piquete durante a folga do transporte de 2008.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/02/2014

Tres anos. Esa é a pena que terán que cumplir Carlos Rivas e Serafín Rodríguez por participar nun piquete informativo en Vigo durante a folga do transporte de mercadorías na provincia de Pontevedra, en abril de 2008.
A Audiencia de Pontevedra ratificou o fallo en 2011 por un delito contra o dereito dos traballadores e tras aplicarselle a máxima pena posible, tres anos, que é a que recolle o artigo 315.3 do Código Penal. Por iso, e logo de numerosas apelacións, os dous traballadores agardan, agora, o seu inminente ingreso en prisión.
De feito, o pasado mes de decembro, o Goberno denegou unha petición de indulto. Con todo, os secretarios xerais de CCOO, UXT e CIG en Galicia volveron a solicitar a medida de graza con carácter de urxencia e lembran que os dous traballadores teñen fillas menores de idade que coidar.

Non houbo altercados

Carlos e Serafín compareceron este martes ante os medios para lembrar aquel fatídico día. Eles, xunto con outras 80 persoas forn a rotonda de Bouzas e, alí, a Policía identificounos e advertiulles de que recibirían nos días sucesivos unha denuncia.
No seu informe, a Policía recolleu o lanzamento de pedras a camións, aínda que eles o negan. Tamén as centrais sindicais que aseguran que non se produciron danos físicos, nin materiais. De feito, o secretario comarcal da CIG en Vigo, Serafín Otero, suliñou que varias das persoas que foron identificadas naquela folga foron absoltas por danos, incluídos estes dous traballadores.

Críticas de CCOO, CIG e UXT

“Son sentezas políticas e de carácter ideolóxico e non son un caso illado, senón que forman parte dunha estratexia para criminalizar aos movementos sociais e sindicais. Pero por moito que queiran, non nos van a amedrentar”, destacou. “Se queren batalla, vana a ter”, dixo ao tempo que dixo que este tipo de sentenza fai “moito dano á Democracia“.
“Esta sentencia é vergoñenta, desproporcionada e inxusta, sobre todo cando se deixa na rúa a corruptos e ladróns”, dixo a Amelia Pérez, secretaria comarcal de CCOO en Vigo.
Pola súa banda, Domingo Barros, presidente da comisión xestora de UXT en Vigo, recalcou que piquetes informativos como os que protagonizaron estes dous traballadores “hainos a miles”, e que o seu “único delito” foi “pelexar polos dereitos laborais e por un convenio xusto”.
Advertisements

From → Uncategorized

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: