Skip to content

que o profesorado da Xunta de Galicia deixe de formarse

05/09/2017

En relación coas actividades de formación para o profesorado organizados pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia, este curso 2017/2018, a novidade máis salientable é que o profesorado que asista ás mesmas, xa non contará nen sequera cunha axuda económica para os desprazamentos que teña que facer cando os cursos se realicen noutras localidades de Galicia, lonxe da súa residencia e do seu centro de traballo.

Outra medida “a prol” da calidade do ensino! Se cadra a Consellaría non cree que o feito de que o profesorado pague do seu peto os gastos de asistencia ós cursos que a propia Xunta considera que son necesarios para a súa formación e actualización, non é unha medida disuasoria para que se inscriba unha menor cantidade de profesorado: así, se se reduce a demanda, tamén se pode reduci-la oferta e xa temos outro aforro feito a conta da calidade do ensino; por un lado, aforramo-las axudas para a asistencia ós cursos, e polo outro, aforramos o sacar menos cursos, posto que non hai demanda… Olé!!!! Grandes na Consellaría!!!!

No DOG do xoves 13 de Xullo de 2017 saiu publicada a Orde que regula o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado.

Advertisements

From → pp

Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: